Mergullo entre o xénero da poesía e no microrrelato. Aínda que as veces polo camiño da narración preciso do relato ou conto, mais nunca de novela. A xénese da creación é no meu caso coma a mecha dun chisqueiro. O resto é traballo. Participei dende 2019 en diversas antoloxías en castelán e en galego con haikus, poemas e microrrelatos.

2023 

Crítica do poemario ilustrado do escritor e periodista Manrique Fernández de Cospeito, asentado en Ponteareas.

https://manriquefdez.wordpress.com/

Magnolia punk e outras arritmias, poemas narrativos ilustrados pola autora. Prólogo de Xavier Rodríguez Baixeras. Medulia Editorial. ISBN 978-84-19438-30-0

http://meduliaeditorial.es/tienda/poesia/magnolia-punk-e-outras-arritmias/

2022

Facer poesía en Celanova antoloxía poética. Publicación dos poemas: «A Franqueira non é cousa de francos», «Rumorosos…roncan, rosman», «Elexía para a memoria da arxila», «Oda ás lentellas de barrio», «O movemento dunha falorpa polo chan», «A conta das sereas».

Edición a cargo do poeta e mestre Xoán Carlos Domínguez Alberte da AELG. Ilustrado por Baldo Ramos.  Fundación Curros Enríquez, Imprenta Celanova S.L ISBN 978-84-09463-95-4

https://www.laregion.es/articulo/celanova/autores-recollen-arte-facer-poesia-celanova/

2021

Libro de vinte e nove relatos e microrrelatos propios Corazón de vaca e outras vísceras. Ed Urutau. Segunda edición. Presentación con María Xosé Porteiro na libraría Cartabón de Vigo. ISBN 978-65-87938-20-2