En este momento estás viendo Xeado de Amorodo

Xeado de Amorodo

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:microrrelatos

Microrrelato da colección “Corazón de vaca e outras vísceras” ed. Urutau

Cando mamá recibía visitas, metíame na bañeira de manparas opacas. Con moita espuma e auga quente. Xogaba coas bonecas os balnearios e as sereas. Pero sen cantar, para non facer ruído. De certo, tanto tiña, porque as paredes eran de papel, iso dicían. O apartamento era dunha estancia e mailo baño. Tíñamos moitos veciños e visitas.
O día que un dos amigos de mamá atopou me de mollo, fíxolle tanta gracia que lle deu trescentos dólares para secarme e vestirme coma eu facía coa miña Nancy. Agora visítanme a min. Por iso, aos doce anos, por trinta dólares podes facer comigo a que queiras. Son a túa boneca. E se teño fame, por dez e un servizo completo no MacDonals no eat and drive, con dobre de patacas fritidas e xeado de amorodos.
Pola foto, non…pola foto non che cobro nada, sempre que lla pases polo WhatsApp a mamá. Ela as precisa para o meu “book” particular: amosarme nas redes sociais, iso sube a demanda, di a miña nai.