En este momento estás viendo Un par de letras íntimas

Un par de letras íntimas

Son filla de emigrantes na Alemaña, os libros e os píxeles son os meus mellores amigos.
Licencieime en Belas Artes en Barcelona e gradueime na HBK, da Universidade técnica de Braunschweig. Máster en cinema experimental. Becada Erasmus. Premio DAAD. Becada Emare. Docente para a materia: deseño e estética dos medios visuais, da FH Fachhochschule Wolfenbüttel Informática, Baixa Saxonia.
Un mes de novembro aterrei en Santiago de Compostela; fiquei no sur da Galiza, despois de moitos veráns que foran cargando a tinta dunha morriña ancestral. Formeime como terapeuta. Pola miña vontade decidín que o alemán sería o idioma paterno e o galego sería o meu fogar materno. Mudei de apelidos, galeguicei o meu nome.
As verbas galegas son o meu agarimo emocional. Mais sigo a ser unha híbrida no meu ADN, sen pesar.