En este momento estás viendo Sandar a fenda patriarcal

Sandar a fenda patriarcal

Este é un texto teórico que se puxo en practica nun obradoiro no Museo Liste Etnográfico de Vigo para achegarse a escrita feminista dende a creatividade.
A proposta viu da miña amiga activista Rosa Chantada, ela quería empoderar as mulleres dende a escrita. Eu acheguei a miña experiencia dupla como docente e como terapeuta.
Uha escritura terapéutica como xeito de abrir os grillóns do pensamento escravista.
A idea, tomada da psicoterapia, foi sandar a fenda individual para fornecer a colectividade.
Traballar o trauma persoal coa literatura, é, unha forma de liberar a sociedade da opresión heteropatriarcal. Unha das ferramentas máis efectivas é a escritura – sabido é, que o papel é a máis paciente das escoitas e moito máis barato que calquera diván.

As investigacións máis recentes demostran a relación entre os traumas psico-afectivos da violencia de xénero e a saúde anímica e corporal das persoas/mulleres. Para romper o elo de represión somato-emocional na que se sume a vítima, xurde este obradoiro: a escritura individual como traballo de empoderamento global. Polo tanto o nivel de consciencia, coma persoas de valor pleno, materialízase na metamorfose que se produce no transo do silencio a palabra escrita. Unha individualidade reprimida, consciente ou non, carece da posibilidade de ser parte activa contra as agresións nin ser participante de pleno nunha democracia en pro dos dereitos dos seus votantes.

En situacións de maior gravidade de estrés, dor e ansiedade, cando non pode haber unha “fuxida ou loita aberta” a resposta é de “conxelación ou parálise”. Todo o sistema nervioso colapsa nunha inmobilidade por supervivencia. É, a resposta natural dunha vítima, este estado de colapso fai que o medo e a dor sexa amortecida: reprimindo (nos), esquecendo (nos), anulando (nos). Para provocar a súa liberación propoño este obradoiro creativo para sacudir o trauma causado pola depredación machista.

Non hai colectivo social saudábel, construtivo e igualitario se non se traballa a igualdade e o “ben-estar” da muller. O trauma, nunha cápsula (encapsulado), é soportado por un corpo feminino a través da ansiedade, depresión, frustración e outras patoloxías. Todo este marco anula así a súa potencia de seres sociais de pleno dereito, e non só, de máis deberes (como adía a acontecer). Reflectir na escrita a experiencia de feridas, traumas, discriminacións machistas é, traballar en pro da igualdade e os dereitos das persoas.

Tamén exercendo unha linguaxe inclusiva na escrita modificaremos a sociedade no seu pensamento machista. Non é doado que as persoas revisen os conceptos de estereotipos sociais históricos e tenten volver construílos dende unha perspectiva de xénero. Coa linguaxe inclusiva pódese deconstruír a masculinidade hexemónica: tomar conciencia para desprenderse dos clichés que fundamentan o patriarcado.

Outra peza chave do obradoiro serán os exercicios de consciencia plena de movemento e respiración (técnicas de mindfulness, biodinámica, biodanza e meditación) que liberarán a nosa pluma literaria para a escritura creativa: movemento vital e intelecto. Mover os marcos dos estereotipos de xénero.

Ademais de empoderar a individualidade de xeito creativo, o outro obxectivo é fomentar a conciencia de grupo con xogos literarios, lecturas e discusións.
Para puxar o nivel literario do obradoiro apostamos por un afondamento nos textos de figuras literarias tan distales coma Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, que representan dous modelos diferenciados de escritoras dende unha interpretación feminista.