En este momento estás viendo Rosalía de Castro VS Emilia Pardo Bazán

Rosalía de Castro VS Emilia Pardo Bazán

Sen dúbida Rosalía eríxese coma icona pop (camisolas, cuncas, cadernos, adhesivos…) feminista de Galicia. Po ende, é a nosa figura máis internacional, pioneira do feminismo, trataba nos versos os problemas das mulleres: a opresión machista, a laña do amor romántico, a maternidade, a dependencia, as desigualdades económicas e sociais. Aínda que compre contextualizar na historia a súa obra para non caer nun xuízo presentista, a súa loita pola igualdade recende a fresco na actualidade nas novas xeracións, 136 anos despois da súa morte.
Emilia Pardo Bazán, aristócrata, nai separada, escritora profesional independente –cobraba 300 pesetas de salario mensual, cando a media dun redactor dun xornal era de 150 pesetas– goza dunha vida apaixonante cun perfil literario poliédrico foi quen de amosar a realidade social da muller dun xeito único e excepcional no seu tempo en relatos curtos, que case sempre adiantaba a prensa. Co seu exemplo denunciou os „mullericidios“ (palabra que lle debemos) e defendeu o dereito das mulleres ao sexo fora do matrimonio, a educación superior, a independencia. En resumo: o dereito a ser felices nunha sociedade igualitaria.

Incluír estes dous modelos de muller na cultura e na sociedade ten que servir de punto de partida para un discurso de conciliación entre os diferentes bloques feministas e posicións ideolóxicas dende a creación e o respecto.